IniciosociedadeA Xunta impulsa con 280.000 euros cinco proxectos empresariais na Mariña

A Xunta impulsa con 280.000 euros cinco proxectos empresariais na Mariña

O Goberno galego subvencionará un parque de aventuras en Viveiro ou apartamentos turísticos en Ribadeo, entre outras empresas

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia apoiará a cinco novas empresas da Mariña Lucense a través do programa Galicia Rural Emprende.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concederá un total de 280.000 euros a estes cinco novos proxectos empresariais, impulsados por autónomos e PEMES de sectores non agrarios nos concellos de Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo e Riotorto.

Unha academia en Mondoñedo, apartamentos turísticos en Ribadeo, un parque de aventuras e unha tenda de artigos de regalo en Viveiro e unha iniciativa de fontanería en Riotorto son os proxectos empresariais que apoiará o Goberno galego na bisbarra.

ANTICIPO

A contía das subvencións prevista no programa oscila entre os 20.000 e os 70.000 euros. Os beneficiarios teñen dereito a obter un anticipo do 60% da axuda total, que se fará efectiva en novembro.

PRIORIDADE

As bases do programa Galicia Rural Emprende establecen que as actividades prioritarias á hora de conceder as axudas son a artesanía, a prestación de servizos sociais -escolas infantís, coidado de maiores-, deporte e recreo, o téxtil, novas tecnoloxías, arquitectura, servizos técnicos, audiovisuais ou veterinarios, entre outros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...